ACERCA DE MIN


Nacín na Terra Cha, concretamente na parroquia de Sistallo, do concello de Cospeito (Lugo).A miña residencia habitual está en Valdoviño. (A Coruña).

Estudei na Universidade Laboral de Ourense, e alí entrei en contacto co mundo das Artes Plásticas da man
 do artista ourensán Pablo Rodríguez Fernández "Oitabén". 
Co pasar do tempo volvemos a coincidir, pero esta vez para traballar xuntos, nun proxecto de debuxos 
animados para a Televisión de Galicia.

A temática que traballo nos meus cadros é variada, principalmente dentro do arte figurativo, incluíndo 
figura, paisaxe, bodegóns, mariñas, retrato... destacando os estilos realista e impresionista. 
O óleo é o máis empregado, ainda que tamén realizo traballos en acuarela, pastel, plumilla, acrílico, etc.

Durante anos traballei nunha empresa que se adicaba ó deseño gráfico e industrial, o que me permiteu
 seguir creando e desenvolver un amplo traballo tanto  a nivel de deseño gráfico e rotulación  
(indentidades corporativas, cartelería, logotipos) como de deseño de interiores.
A creatividade estibo sempre activa ainda que o resultado final non se plasmase nun lenzo.
Tamén  teño feito traballos de volume e restauración (retablos, imaxinería, etc.)




Ningún comentario:

Publicar un comentario