martes, 16 de outubro de 2012

Portal nº7 de Salamanca

"Nº 7" Salamanca. 2012

Ficha técnica:
Técnica: Oleo a espátula sobre lenzo
Dimensión: 33x41cm.
Ano:2012

Fomos convidados por Lucía e Victor a facer unha viaxe a Salamanca xunto con outros amigos do grupo de Inglés, e cando visitamos a cidade atopeime con esta porta na mesma rúa  que da fronte a famosa Casa Lis.
Chamoume moito a atención pola  boa conservación do dintel respecto do desgaste das jambas da mesma.
Deste edificio só se mantiña en pé esta fachada co seu nº 7.

Ningún comentario:

Publicar un comentario